發佈於:2008年
播放:0次
時長:05:35
歌詞
lrc 歌詞
Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lua abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a tua memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o dia que aprendin a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o dia que aprendin a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a maña sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.
E diran, contaran mentiras
para ofrecerllas ao Patron:
quereran pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quereran pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolacion.
Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei